O SISTEMA ENDÓCRINO E
HORMONAL
Sistema endócrino:
É un conxunto de órganos chamadas glándulas endócrinas
que liberan hormonas ao torrente sanguíneo.
Hormona:
Son sustancias químicas que regulan o
crecemento, o desenvolvemento e as funcións de moitos texidos, e coordinan os
procesos metabólicos do organismo.
As hormonas actuan como mensaxeiras
químicas e só exercen a súa acción sobre aquelas células que posúen os
receptores específicos.
O hipotálamo:
É o centro nervioso controlador de todas
os secrecións endócrinas; este envía neurohormonas que estimulan a hipófise.
A hipófise ou glándula pituitaria:
Está situada na base do
cerebro, secreta varias hormonas que estimulan a función doutras glándulas
endócrinas como a adrenocorticotropina (ACTH), estimula a corteza suprarrenal, a hormona
estimulante da glándula tiroides (TSH) ou a prolactina que influe na producción
de leite nas glándulas mamarias.
Aquí tamén segregase a hormona do crecemento
ou somatotropina, que promobe o crecemento do óso.
Ademáis almacena hormonas secretadas
polo hipotálamo, como a vasopresina, hormona antidiurética, que controla a
cantidade de auga excretada polos riles, incrementa presión sanguínea e a
oxitocina que estimula as contraccións do útero e a excreción da leite polas
glándulas mamarias.
A glándula tiroides
Está situada no pescozo e
secreta as hormonas tiroideas, que son a tiroxina e a triyodotironina que
estimulan a taxa da actividade metabólica, regulan o crecemento e a maduración
dos texidos do organismo e actúan no estado de alerta física e mental.
A tiroides tamén secreta unha hormona
chamada calcitanina que disminue os niveis do calcio no sangue e inhibe a
reabsorción ósea.
As glándulas paratiroides
Localízanse xunto a tiroides. Secreta parathormona que
regula os niveis sanguíneos de calcio e fósforo e estimula a reabsorción de
calcio nos ósos.
O páncreas
Contén grupos de células
endócrinas denominadas illotes de Langerhans, que secretan insulina e glicagón.
A insulina regula os niveis de glicosa en sangue e o glicagón aumenta os niveis
de glicosa no sangue.
As glándulas suprarrenais
Localízanse sobre os riles, e producen,
na súa parte interna chamada medula; adrenalina en noradrenalina que estimula a
actividade do corazón, aumentan a tensión arterial e actúan sobre a contracción
e dilatación dos vasos sanguíneos e da musculatura. Todas estas accións axudan ao
organismo a enfrontarse a situacións de urxencia. A súa zona externa, a
codia, elabora un grupo de hormonas chamadas glucocorticoides, que son
esenciais para o mantemento da vida e a adaptación ao extrés.
As gónadas
Os ovarios producen óvulos e
secretan un grupo de hormonas denominadas estróxenos, necesarias para o
desenvolvemento dos órganos reproductores e das características sexuais
secundarias femininas.
Os testículos conteñen
células que producen espermatozoides e secretan hormonas masculinas chamadas
andróxenos. A máis importante e a testosterona, que estimula o desenvolvemento
dos caracteres sexuais secundarios, inflúe sobre o crecemento da próstata e as
vesículas seminais.
O timo
É unha glándula que está localizada a
carón do corazón. A súa función é preparar linfocitos para loitar contra unha
infección.